FERRAMENTAS DE ALTA PRODUCIÓN E ALTA VELOCIDADE
A chegada ao mercado de novas máquinas, deseños, materiais, ferramentas e programas esixían un cambio importante na forma de encarar os procesos produtivos.
A aparición de máquinas CNC de 5 ou máis eixes requiren un CAD-CAM máis potente, e xunto coas esixencias da alta velocidade, a ultraprecisión e a nanotecnoloxía, obrigan a un coidadoso proceso produtivo con estratexias de mecanizado moi depuradas.
EQUIPO ALTAMENTE CUALIFICADO
Para dar solucións e resposta a todos os cambios continuos, formouse un EQUIPO de persoas altamente cualificadas en materiais, ferramentas, máquinas, CAD-CAM e procesos de mecanizado, en que os nosos clientes poden confiar e obter un alto rendemento.
FORMACIÓN PARA EMPRESAS
JANA TOOLS tamén ofrece cursos técnicos en ferramentas de corte, materiais e mellora de produción, destinados a empresas e profesionais que desexen ampliar os seus coñecementos nestas áreas.