AVISO LEGAL:
INFORMACIÓN SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS DE CONTACTOS

En cumprimento do establecido no artigo 13 do REGULAMENTO (UE) 2016/679 DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, procédese a facilitar a información pertinente en materia de protección dos seus datos de carácter persoal.

Responsable

Identidade: JANA TOOLS, S.L.

CIF: ES-B95211843

Enderezo postal: Txorierri Etorbidea, 13. 48150 Sondika

E-mail: info@jana-tools.com

Finalidade

Xestión da relación de contacto que vostede mantén connosco (cliente potencial / provedor, etc.), contestando as súas mensaxes e, se for o caso, enviándolle a información e/ou a documentación requirida ou que poida resultar do seu interese.

Os datos conservaranse mentres non solicite a súa eliminación e durante o prazo necesario para determinar as posibles responsabilidades que se poidan derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos.

Lexitimación

RXPD: 6.1.a) o interesado deu o seu consentimento para o tratamento dos seus datos persoais para un ou para varios fins específicos.

Destinatarios

Non están previstas cesións nin comunicacións dos datos.

Dereitos

O interesado ten dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, se é o caso, solicitar a súa eliminación cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins para os que foron recollidos.

En determinadas circunstancias, o interesado poderá opoñerse ao tratamento dos seus datos ou solicitar a limitación deste, en cuxo caso unicamente se conservarán para o exercicio ou a defensa de reclamacións.

O interesado pode exercer materialmente estes dereitos. Para iso, deberá poñerse en contacto coa empresa mediante un escrito dirixido ao enderezo postal ou electrónico indicados na epígrafe “Responsable” e esta facilitaralle os modelos ou impresos para formular a súa solicitude.